Categorías
Sen categorizar

Fedora 32 nunha Raspberry Pi 4 sen pantalla

Pola Internet atópanse moitos sitios onde se describe como instalar Fedora nunha Raspberry Pi pero se o limitamos a unha Raspberry Pi 4 redúcense as posibilidades enormemente, e se encima non dispós dunha pantalla aínda que só sexa para poder iniciar a configuración, a cousa complícase moito. Hai que ter en conta que esta versión vén con conector micro HDMI polo que ao mellor ata nos pilla un pouco despistados e non o temos.

Habemos de ter en conta que isto fíxose dende un ordenador con Fedora 32 como SO e a Raspberry Pi 4 na súa variante de 4GB de RAM. Sempre poden aparecer problemas ou pasos diferentes con outras opcións. Ter en conta que Raspberry Pi OS só está dispoñible oficialmente e neste momento en 32bit.

Como a miña idea orixinal partía de usar a Raspberry como un pequeno servidor de arquivos en rede, pois pareceume máis que suficiente “Fedora Minimal” para arquitectura ARM® aarch64 descargado dende aquí:
https://alt.fedoraproject.org/alt/

Seguindo as instruccións da documentación de fedora hai varias formas de gravar nunha tarxeta SD. A ferramenta oficial de Raspberry non a probei nin a coñezo, usei fedora-arm-installer que permite facer algunhas modificacións na imaxe descargada. A idea é eliminar o contrasinal de root por defecto ou permitir o inicio de sesión identificado por unha clave pública RSA a través de SSH.
Podes comprobar se tés o teu par de claves xeradas no cartafol ./ssh do teu directorio persoal. Se non existe nin o directorio ou está vacío:

$ ssh-keygen -t rsa

Para instalar fedora-arm-installer:

$ dnf install -y arm-image-installer

Para gravar a imaxe de Fedora na tarxeta SD:

$ sudo fedora-arm-image-installer --image </pat/to/fedora_image> --target rpi4 --media /dev/<sd_card_device> --resizefs --addkey /home/<my_home>/.ssh/id_rsa.pub

Hai que mudar os datos que corresponden:
</path/to/fedora_image> polo directorio da imaxe de Fedora descargada.
<sd_card_device> polo nome co que o sistema recoñece a tarxeta SD.
<my_home> polo nome de usuario no sistema.
Ollo co nome da clave, se se cambia o nome dos arquivos das claves no momento en que se xeren, hai que cambialo aquí tamén.

Cando remate de gravar a tarxeta SD, introdúcese na Raspberry Pi, conéctase polo cable de rede e dáselle alimentación. Pódese consultar no router a IP asignada automáticamente por DHCP e logo intentar acceder por SSH. A sesión iniciarase automáticamente ao intentar conectarse dende o mesmo ordenador co que se crearon as claves e o que se queira facer despois é cousa doutro capítulo.

Moitos saúdos.

https://docs.fedoraproject.org/es/quick-docs/raspberry-pi/
https://fedoramagazine.org/install-fedora-on-a-raspberry-pi/

Raspberry Pi is a trademark of the Raspberry Pi Foundation.